O pasado domingo celebrouse nun ambiente moi festivo o concurso social de salmonidos mosca da sociedade de Silleda no couto de Taboada.
A organizacion estivo perfecta, agas un pequeno incidente antes de comenzar a competicion. Tendo todos os coutos reservados pola sociedade (20 coutos) a Xunta de Galiza entregou 10 permisos máis para unha xuntaza de pescadores de telefónica, estes como e normal xa que tiñan expedidos os permisos presentaronse no río, e menos mal que ainda queda xente boa neste mundo e entenderon o problema e dexaronos celebrar a competición si ningun tipo de problemas. MOITAS GRAZAS OS PESCADORES DE TELEFONICA.
O gañador da proba foi unha vez máis, e xa cheira Miguel Montoto seguido de Alex Rivas e David Framiñan. O premio a maior nº de capturas foi tamen para, como non Miguel Montoto e a peza Maior para Luis González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario