lunes, 5 de marzo de 2012

AYUDA A CREAR EL COTO SIN MUERTE EN VIMIANZO




A Sociedade de Pesca Deportivo Neria fiso a proposta (ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza) de crear un couto de pesca no concello de Vimianzo.Cousa que foi aceptada. Este acoutado contaría cun fermoso tramo de Pesca sen Morte.

Pois ben, atopámonos cunhas xentes que, por razóns que tan só eles coñecen (e outros non podemos máis ca adiviñar), inda que unha delas é que este proxecto beneficia aos pescadores de fóra, opóñense a este proxecto. Algúns entenden que vivir ao carón dun río é sinónimo de ter propiedade del ou de ter más dereitos nel cao resto dos cidadáns. Recolleron sinaturas e mandáronas á Xunta. Non foron moitas, foron 300, das que tan só 6 teñen licenza de pesca fluvial en vigor. Pero iso abondou para que os responsables políticos teñan dúbidas para seguir co este proxecto, malia que sexa a Sociedade de Pesca quen poña os cartos.

Nós entendemos que é un proxecto honesto, viable e máis ca nada necesario. Ese tramo de río necesita ser coidado e, de ser posible recuperado, para goce de todos os que o queiramos visitar.

É esta a razón pola que nos diriximos a vós. Para que nos axudedes a xuntar o maior número de sinaturas posible. Tamén para amosar que o mundo da pesca sabe unirse para defendela e para coidar aqueles lugares dos que somos, coma os demais cidadáns, pero no noso caso dunha maneira especial, usuarios.

Rogámosvos que fagades cantas copias sexan necesarias desta plantilla que vos achegamos e que solicitedes a colaboración de socios, familiares, amigos e coñecidos. É moi importante que poidamos demostrar ter un apoio o máis numeroso posible.

Podedes mandalas vos mesmos á Xunta, polo rexistro do concello por exemplo, de non poder facelo, poderías envialas a este correo
Sociedade de Pesca Deportiva Neria - O Petón,14 - Berdoias - 15128 Vimianzo - A Coruña.

De mandalas vos mesmos agradeceríase que nos comunicases a este correo cantas foron, para deste xeito poder levar unha contabilidade exacta.

Saúdos a todos. Manuel Mouzo Méndez - Presidente.






5 comentarios:

  1. o coto esta ben pa vos , para ter vos os cotos e xestionalo pa vos ,para quitar a xente que leva pescando ali toda a vida , como pasa no xallas sen morte, quen vai pescar ali... que consigue cotos...catro mosqueros" que queren o rio pa eles soiños e poder pescar pola noite, como xa colleron infraganti a algun reputado mosquero".
    pesca sen morte en toda galicia sen cotos , e sen pagar. por que non apoiades eso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Haber tarugo matapeixes, calquera pode coller cotos no xallas, so fai falta participar no sorteo como facemos todos e logo escoller as fechas para disfrutar do mellor tramo de rio de toda españa gracias a que é sen morte. A xente coma ti é a quen lle hai que agradecer que os rios galegos estén tan esquilmados. Por certo non poño en duda que haxa algún mosquero que vaia de noite a coller troitas o cal dudo que fora a pescar troitas de noite a mosca pero non é menos certo que sempre hai unha ovella negra no medio. Ala agora vai e segue matando troitas esta temporada e cando se acaben protesta para que solten troitas de plástico.

      Eliminar
  2. Cito: pesca sen morte en toda galicia sen cotos , e sen pagar. por que non apoiades eso.

    Yo lo apoyo. Donde hay que firmar?

    ResponderEliminar
  3. hola son matapeixes.
    mira espavilado , levo moitos anos pescando no rio sen morte , o unico que me jode e chegar a casa despois de traballar e non poder ir pescar media hora, por que ai un coto so pa que o disfruten catro.pesca sen morte en toda galicia e sen cotos por que non apoiades eso eu firmo.A por certo non te piques non serias ti aquen colleron.

    ResponderEliminar
  4. Hay que respetar as dúas modalidades de pesca, sempre e cando se respete o tamaño e o número de troitas a levar. Os ríos non están mal por pescar con morte, están mal pola contaminación que padecen.

    ResponderEliminar